Atalajazz Laxe 2009

2009 August 25

A Compañía Femme Fatale tivo o pracer de participar no festival Atalajazz 2009 do Concello de Laxe.

A actuación foi o sábado 8 de agosto, dende as 21:00 horas do serán.

Un longo percorrido por Laxe e o seu paseo marítimo co espectáculo CaBaRéDeAmBuLaNte.

A actuación, dentro da Rede Cultural da Excma Deputación da Coruña deixou bos e bonitos momentos, visibles no seguinte video:

O ritmo foi frenético, e a calidade do vídeo, por cortesía de Mandeo records é de destacar.

2009 August 24

FESTAS

Fonte: santiagodecompostela.org

A Compostela Carpa Cabaré despediuse do Apóstolo 2009 con grande éxito de público

María Manero por Marooned.
Ampliar María Manero por Marooned.

30/07/2009 A Compostela Carpa Cabaré baixou o pano. Foron 4 días de espectáculos, con disciplinas tan variadas como o cabaré, o swing, o blues, o dixie, o mimo, o clown, o escapismo ou os malabares. Música en directo, unha compañía de teatro anfitriona de ceremonias, e unha resposta espectacular por parte do público.

Esta proposta, toda unha novidade nas Festas do Apóstolo 2009 e en relación co centenario da Feira Rexional Galega de 1909, fixo as delicias dos composteláns e de todo o público que se achegou á carpa.

Durante os catro días de espectáculos a coruñesa Compañía Femme Fatale fixo de anfitriona da carpa. Á parte do pregón inaugural da carpa, o espectáculo Cabarédeambulante dentro do desfile e o seu espectáculo Gala Femme Fatale, encargouse cada día de ofrecer unha posta en escea particular e con temática diferenciada. Dende unha posta en escea pantasmagórica ata outra post-industrial ou unha posta en escena bohemia, preestreando o inicio do novo espectáculo que está en proceso de montase. Ademais diso fixeron animación de sala, dinamizaron a carpa e ofreceron unha nota de glamour cunha caracterización e posta en escena impecables.

12 espectáculos
Carla de Figueredo, St James Street band, Lilí Berlín, Cabarédeambulante, Gala Femme Fatale, Miñor Swing, Micki Nervio and The Bluesmakers, Orquesta Desvarietés, Assircópatas, Pajarito, Circanelo ou Batallón Literario pasaron polo escenario da Compostela Carpa Cabaré, ofrecendo unha programación aberta, multidisciplinar e de altísima calidade da que se encargou o director da Compañía Femme Fatale en colaboración coa Concellería de Festas.

Deixámosvos cunha escolma de imaxes botadas do ollo de Luis Cao, que estivo facendo unha reportaxe o día da inauguración da carpa. Desfrutádeas!!!

Iván Villar e Nelson Quinteiro cautivan ó público de Cee

2009 August 9
by cabare3.org

Longos minutos de aplausos que se convertiron en palmas sobre as que o bailador e o cantareiro fixeron os bises foron a colleita da estrea de CONTRA2,  unha nova proposta da man destes dous profesionais que abraiaron con un novo xeito de crear.


CONTRA2 é unha proposta que axunta a dous dos profesionais de escena con máis actividade e presencia escénica do momento. A vindeira posta en escena deste grupo será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o día 3 de outubro, dentro da gala que fecha o IV Festival Galego de Cabaré.

Contra2. Iván Villar e Nelson Quinteiro

2009 August 5
by cabare3.org

ivan-villar

Despois duns cantos meses de traballo (dende decembro de 2008) e unha pre-estrea no Espazo Aberto do Fórum Metropolitano (xuño de 2009) ve a luz o proxecto Contra2. Danza e Contradanza.

Esta proposta, formada por Iván Villar e Nelson Quinteiro aborda o canto e danza tradicional dende unha perspectiva contemporánea, incorporando novos recursos técnicos e de danza á proposta.

Contra2 axunta así a dous profesionais cunha destacada pegada e traballo escénico.

Iván Villar formou parte do Ballet Galego Rey de Viana, da montaxe Vacuo do Centro Coreográfico Galego, da montaxe Tradicción de Nova Galega de Danza e dirixe o grupo Entrecaixas.

Pola súa banda Nelson Quinteiro dirixe a Compañía Femme Fatale, o Festival Galego de Cabaré ou a Compostela Carpa Cabaré, se ben nesta proposta amosa a súa verquente máis tradicional.

Nesta montaxe Nelson monta a banda sonora en directo para solos e dúos de danza coreografiados por Iván.

A estrea será na casa do Concello de Cee, o venres 7 de agosto ás 20:00, por medio da Rede Cultural da Excma Deputación da Coruña.

CABARÉNCRISE. Festas de Vigo 2009

2009 August 3

CABARÉNCRISE

Este domingo 9 de agosto, ás 23:00 na Praza da Constitución do Concello de Vigo terá lugar unha nova función do espectáculo CABARÉNCRISE da Compañía Femme Fatale.

A St James Street Band e Carla de Figueredo poñen banda sonora a este relato de cabaré sobre a crise na que nun pausible 2019 unha tribu urbana denominada “os cabarencrise” plántanlle cara a unha situación siniestra facendo uso dos escasos recursos cos que contan.

Saído do maxín de Nelson Quinteiro, que unha vez mais fai de mestre de cerimonias “nada convencional”, o elenco estará formado nesta ocasión por María Polo, María Manero, Nuria Sotelo, Yolanda Paz, Vera López ou Inés Alcalá.

Despois do éxito colleitado nas Festas do Apóstolo 2009, a Compañía Femme Fatale chega así ás Festas de Vigo, sen ben por motivos alleos á compañía non aparecemos no programa de festas, nas que aparece o anuncio “dous pasarrúas e un cabaret”.

Música dixie, canto jazz, canto tradicional, danza contemporánea, danza tradicional, cabaré puro e duro e monólogos fan de CABARÉNCRISE un cabaré galego e contemporáneo altamente multidisciplinar.

Cun vestiario moi coidado en colaboración coas marcas B&G Complementos ou Cyan Complementos, Talleres Felicidad García ou as boutiques d´Carlota (Pontevedra) ou Evita y Punto (Cangas), CABARÉNCRISE pon o cabaré galego nas súas máis altas cotas.

Vémonos alí, o domingo 9 de agosto, ás 23:00 na Praza da Constitución de Vigo!

Rumbo a Lekeitio

2009 July 9
by cabare3.org
http://www.lekeitiokale.net/cas/lekeitiokale_egitaraua09.pdf

A Compañía Femme fatale e a St james Street Band poñen rumbo a Lekeitio, onde representarán, mañá venres 10 de xullo, ás 20:30, no porto de Lekeitio o seu espectáculo CaBaRéDeAmBuLaNtE.

A representación galega, neste consolidado festival é unha importante cita para a Compañía, que en tres anos de vida se está posicionando con forza dentro do panorama das artes escénicas galegas.

Xira vasca da Compañía Femme Fatale

2009 July 7
by cabare3.org

2009 July 4
by cabare3.org

Participará na XX edición do Festival internacional de Teatro de Rúa de Lekeitio, un dos festivais de teatro de rúa máis consolidados do estado.

A Compañía Femme Fatale comeza o seu periplo por Euskal Herria co seu espectáculo CaBaRéDeAmBuLaNtE


5 de xullo en Elgeta (Gipuzkoa) e 10 de xullo en Lekeitio (Bizkaia)

Estas son as datas para esta mini-xira por terras vascas na que a Compañía Femme Fatale (A Coruña) levará o seu espectáculo de cabaré de rúa nun xeito moi diferente de entender o cabaré e o teatro de rúa.

O 5 de xullo, ás 19:30 fecharán as festas patronais de Elgueta, e o 10 de xullo, dende as 20:00 serán encargados de abrir a XX Edición do Festival internacional de Teatro de Rúa de Lekeitio (http://www.lekeitiokale.net/)

Un espectáculo en movemento

CaBaRéDeAmBuLaNtE é un espectáculo de teatro e intervención de rúa en continuo movemento. Despois de un novo proceso creativo o espectáculo chega a Euskal Herría con novos números, novas coreografías e un elenco formado por Uxía Vázquez, María Polo, María Manero, Yolanda Paz, Vera López, Inés Alcalá e Nelson Quinteiro, quen ademais dirixe esta montaxe.

CaBaRéDeAmBuLaNtEé un espectáculo de improvisación e intervención urbana. 4 músicos de jazz (caixa, tuba, saxo e trompeta) acompañados de 5 actrices e un mestre de cerimonias percorren as rúas a golpe de purpurina, tacóns e altas doses de glamour envoltas baixo un fío conductor coreográfico.
CaBaRéDeAmBuLaNtE é unha ruptura coa cotidaneidade, un espectáculo para todos os públicos que enche de cor, música dixie e teatro de rúa as rúas, prazas e espazos urbáns.
En
CaBaRéDeAmBuLaNtE todo é posíbel. Unha alameda pode converterse nun bulevar, unha terraza dun bar nun Music Hall, o kiosko dos músicos pode ser pista de baile improvisada dun swing.

Con bisutería da marca B&G Complementos, tocados para cabelo da boutique dCarlotta(Pontevedra), vestiario dos talleres Felicidad Garcíae máis complementos da boutique Evita y Punto(Cangas), o espectáculo ten feito un esforzo especial en atrezzo, complementos e posta en escena.

Unha banda internacional

Acompañan esta tola caravana a banda St James Street Band, dende Vigo, unha banda dirixida por Óscar Prieto (tuba) e formada por GDJazz Pereiro (trompeta) Fernando Sánchez (saxo) e Javier Barral (caixa). Esta banda, crada na orixe para acompañar o espectáculo ten cada vez máis presencia e proxección, chegando a ter participado do Festival Internacional de Teatro e Expresión Ibérica do Porto 2009 (FITEI)

Novas datas

A Compañía Femme Fatale está que non para. Ademais desta xira participarán moi activamente nas Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela, estarán presentes nas Festas de Vigo 2009, no Festival Internacional de Jazz de Laxe 2009 ou no IV Festival Galego de Cabaré, que se celebrará na Coruña a finais de setembro deste ano.

+info

www.myspace.com/ciafemmefatale

www.terceirope.blog.com

666014494


Compostela Carpa Cabaré

2009 June 25
by cabare3.org

Iremos informando…

De momentos contarvos que con motivo do Centenario da Feira de Mostras de Santiago de 1909, o Concello encargounos montar unha carpa temática de cabaré no paseo central da Alameda de Compostela.

Xa vos contaremos…

CaBaRéDeAmBuLaNtE en Elgeta (Gipuzkoa)

2009 June 11
by cabare3.org
O vindeiro 5 de xullo, domingo, o espectáculo CaBaRéDeAmBuLaNtE da Compañía Femme Fatale percorrerá as rúas de Elgeta (Gipuzkoa) para fechar as súas festas.

Comeza así unha xira por Euskadi que nos levará tamén a Lekeitio (20 Festival Internacional de Teatro de Rúa), o 10 de xullo ou a Elorrio a principios de setembro.

CaBaRéDeAmBuLaNtE é un espectáculo de improvisación e intervención urbana.
4 músicos de jazz (caixa, tuba, saxo e trompeta) acompañados de 5 actrices e un mestre de cerimonias percorren as rúas a golpe de purpurina, tacóns e altas doses de glamour envoltas baixo un fío conductor coreográfico.
CaBaRéDeAmBuLaNtE é unha ruptura coa cotidaneidade, un espectáculo para todos os públicos que enche de cor, música dixie e teatro de rúa as rúas, prazas e espazos urbáns.
En
CaBaRéDeAmBuLaNtE todo é posíbel. Unha alameda pode converterse nun bulevar, unha terraza dun bar nun Music Hall, o kiosko dos músicos pode ser escenario improvisado dun can can.
É un espectáculo sobre todo itinerante que se adapta ó itinerario que nos sexa marcado, facendo uso de todo o que esté ó noso alcance para subvertir a realidade.
En
CaBaRéDeAmBuLaNtE hai mimo, coreografías de swing, improvisación, animación de rúa e música en directo.
Un espectáculo que percorreu prazas como Madrid, San Fernando de Henares, A Coruña, Lugo, Santiago, Ferrol e que neste 2009 chegará a prazas como Lekeitio, Laxe, A Coruña ou Vigo.




CaBaRéDeAmBuLaNtE en Compostela from Nelson Quinteiro on Vimeo.