CABARÉNCRISE. A Compañía Femme Fatale no TAL de Vigo
Unha alegoría sobre a crise con tintes orwellianos.
A obra CABARÉNCRISE volve á Vigo. Esta vez no Teatro Arte Livre, os días 7 e 8 de novembro, dentro da programación da Rede Galega de Salas da Xunta de Galicia-AGADIC.
Facendo cabaré ácido e crítico coa situación actual, a obra fai unha reflexión sobre o sentido do cabaré en tempos de crise ata chegar a un pausible 2019 no que, tras presentar unha situación dantesca aparece unha tribu urbana que lle fará fronte á crise utilizando os escasos recursos cos que contan.
Saído do maxín de Nelson Quinteiro, director da compañía, que unha vez mais fai de mestre de cerimonias, o elenco estará formado nesta ocasión polas cabareteiras María Polo, María Manero, Uxía Vázquez, Yolanda Paz, Vera López ou Inés Alcalá.
A cantante Carla de Figueredo pon a voz a este relato sobre a crise con música en off da banda viguesa St James Street Band.
Música dixie, canto jazz, canto tradicional, danza contemporánea, danza tradicional, cabaré puro e duro e monólogos transgresores fan de CABARÉNCRISE un cabaré galego e contemporáneo altamente multidisciplinar.
Cun vestiario moi coidado en colaboración coas marcas B&G Complementos ou Cyan Complementos, Talleres Felicidad García ou as boutiques d´Carlota (Pontevedra) ou Evita y Punto (Cangas), CABARÉNCRISE pon o cabaré galego nas súas máis altas cotas.
As actuacións serán ás 21:00 h e 20:00 h, respectivamente, e a entrada terá un prezo de 10 €. O endrezo é na Rúa Vazquez Varela 19 (detrás do Corte Inglés).
+ Información sobre a obra: http://www.cabare3.org/femmefatale/salaG.html





