Cabaré3 produccións estará na FEIRA GALEGA DAS ARTES ESCÉNICAS FGAE 2009

2009 October 13
by cabare3.org

stands

O cabaré estará representado na Feira Galega das Artes Escénicas 2009.

A entidade Cabaré3 Produccións contará co stand 16 da zona de comercio que se instalará no Auditorio de Galicia do 19 ao 22 de outubro deste ano, ocupando entón o primeiro espazo a man dereita.

Invitámosvos a visitarnos e a coñecer os noso productos e servizos, tanto artísticos por medio da Compañía Femme Fatale ou outras compañías que representamos coma doutra índole, coma producción, distribución, deseño gráfico ou formación.

Todos estes servizos poderedes coñecelos visitando a web www.cabare3.org, se ben a presenza en feira serve para proporcionarvos material gráfico ou audiovisual, coñecernos máis a fondo ou preguntar polos nosos servizos dun xeito máis detallado.

No comments yet

Leave a Reply

Note: You can use basic XHTML in your comments. Your email address will never be published.

Subscribe to this comment feed via RSS