Fórum 4 e Café Cantante

2009 September 29
by cabare3.org

CONTINÚA O IV FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ COS CICLOS FÓRUM4, CAFÉ CANTANTE E UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA NO FÓRUM METROPOLITANO


Un retrato sobre a crise con tintes orwellianos.


Os platos fortes do IV Festival Galego de Cabaré ábrense esta tarde ás 21:00 coa representación da obra CABARÉNCRISE no Auditorio do Fórum Metropolitano.


i1

FÓRUM 4


Esta tarde ás 21:00 o Auditorio do Fórum Metropolitano abrirá as súas portas convertido nun auténtico cabaré. Pinturas murais, ambientación, mesas, cadeiras, candeas e fume serán as protagonistas para crear a atmósfera do ciclo Fórum 4, que dentro deste festival de cabaré traerá as propostas para sala da Compañía Femme Fatale, Branca Cendán, Zanguango Teatro e Cayetano Lledó.

Serán 4 funcións nas que diferentes xeitos de entender e facer cabaré serán representados, dende un retrato sobre a crise con reminiscencias ao 1984 de George Orwell en CABARÉNCRISE, unha viaxe musical polos cabarés do S.XX con Lilí Berlín, unha comedia musical con aires de cinema mudo en EL DESAUCIO ou un cabaré máxico e circense moi atípico con MÁXICO CIRCUS CABARET.

Ás entradas, á venda nas taquillas do Fórum, no kiosko da Pza de Ourense ou no servizo de servinova.com ou 902504500 terán un coste de 7 € ou 5 € para estudantes, desempregados/as ou maiores de 65 anos.

CAFÉ CANTANTE


A festa continuará esta noite ás 23:00 no café Belle Époque da rúa Parrote, cun concerto dixie da banda St James Street band, que nos traerá a evocadora música daqueles “felices anos 20 tristes anos 30”. La Postrería na Pza de St Catalina acollerá os espectáculos ENCABARETA2 de Fanfarria Teatro (Madrid) e SIESTA CONTINENTAL de Iria Pinhero (Vigo) o mércores e xoves, á mesma hora. O venres o espectáculo volverá á Belle Époque co espectáculo EL ORGASMO ES COSA DE MUJERES a cargo de Laura Muñoz, da Compañía Mundo Mandarina (BCN)

A entrada ós espectáculos deste ciclo é gratuíta.

EXPOSICIÓN


Paralelamente, e para que o cabaré encha tamén as paredes teremos no hall do Fórum Metropolitano una exposición do fotógrafo coruñés Luis Cao, que amosa a súa particular visión dun proceso creativo de cabaré, dende camerinos até o escenario. A exposición será colada esta mañá de martes 29 ata o domingo 4 de outubro.

  • INFORMACIÓN:

www.cabare3.org

666014494

No comments yet

Leave a Reply

Note: You can use basic XHTML in your comments. Your email address will never be published.

Subscribe to this comment feed via RSS