DURANTE CASE 10 DÍAS A CORUÑA SERÁ CONVERTIDA NUN GRANDE CABARÉ, QUE ENCHERÁ RÚAS, PAREDES, CAFÉS, TEATROS E AUDITORIOS.
O Festival Galego de Cabaré levanta o telón na Coruña na súa cuarta e máis completa edición
O espectáculo CABARÉDEAMBULANTE da Compañía Femme Fatale será o encargado de abrir a programación polas rúas da cidade.
Xa quedan poucas horas para que o IV Festival Galego de Cabaré comece oficialmente. Mañá venres 25, ás 21:00 horas, e dende o Obelisco, unha caravana ambulante percorrerá as rúas da zona de viños anunciando a chegada de tan esperado festival.
Serán case dez días de exposicións, teatro de rúa, performance, funcións de café cantante, funcións no Fórum Metropolitano e unha grande gala final no Teatro Rosalía de Castro.
A nosa cidade alberga así o único festival destas características que se celebra no Estado. A anfitriona, a Concellería de Cultura do Excmo Concello da Coruña, que decidíu, a pesares da crise non recortar esta proposta que ano pasado desfrutou de tanto apoio do público, que encheu todos os aforos e disfrutou da proposta.
Case cen profesionais, entre artistas e técnicos, unha ducia de espectáculos, compañías de aquí pero tamén de Madrid, Burgos ou Barcelona, e disciplinas que van dende a maxia, a danza, o soul, o jazz ou o tradicional para fusionarse co cabaré facendo del un combinado altamente multidisciplinar.
CABARÉDEAMBULANTE
CaBaRéDeAmBuLaNtEé un espectáculo de improvisación e intervención urbana. 4 músicos de jazz (caixa, tuba, saxo e trompeta) acompañados de 5 actrices e un mestre de cerimonias percorren as rúas a golpe de purpurina, tacóns e altas doses de glamour envoltas baixo un fío conductor coreográfico.
CaBaRéDeAmBuLaNtE é unha ruptura coa cotidaneidade, un espectáculo para todos os públicos que enche de cor, música dixie e teatro de rúa as rúas, prazas e espazos urbáns.
En CaBaRéDeAmBuLaNtE todo é posíbel. Unha alameda pode converterse nun bulevar, unha terraza dun bar nun Music Hall, o kiosko dos músicos pode ser escenario improvisado dun can can.
É un espectáculo sobre todo itinerante que se adapta ó itinerario que nos sexa marcado, facendo uso de todo o que esté ó noso alcance para subvertir a realidade.
En CaBaRéDeAmBuLaNtE hai mimo, coreografías de swing, improvisación, animación de rúa e música en directo. Un espectáculo que percorreu prazas como Madrid, San Fernando de Henares, A Coruña, Lugo, Santiago, Ferrol e que neste 2009 encheu prazas como Lekeitio, Elgeta, Laxe ou Vigo.
O espectáculo sairá o venres 25 ás 21:00 dende o Obelisco e o sábado 26, ás 12:00 dende a Rúa Barcelona.
RODA DE PRENSA
Mañá venres, ás 12:00 e no Auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña será presentado o festival por parte de María Xosé Bravo, concelleira de Cultura do Excmo Concello da Coruña. A rolda de prensa será amenizada polos alumnos do curso “O cabaré aplicado ás artes de rúa” que durante estes días estiveron traballando en dito auditorio. Poñerá voz Carla de Figueredo, unha das artistas que participarán da Gala Femme Fatale.


