IV Festival Galego de Cabaré

2009 September 1

cartel-definitivo-imprenta

IV FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ.

Un xénero que ten en Galicia a súa denominación de orixe.

Despois dun ano o cabaré volve a subirse aos escenarios da Coruña, na IV edición do Festival Galego de Cabaré.
Con esta edición, un ano máis no Concello da Coruña, a única mostra do estado adicada a este xénero consolida a súa actividade e faino dun xeito máis que digno para estes tempos de crise que estamos a vivir. Con máis espectáculos, máis presencia en rúa, máis compañías e máis calidade, o IV Festival Galego de Cabaré amosa que nisto da crise o cabaré é un xénero que se move como peixe na auga.
Volveremos a encher as paredes, os teatros, os auditorios, os locais nocturnos e até as rúas coa maxia do cabaré. E dicimos maxia porque esta vez máis que nunca será un festival máis máxico que nunca, con novas propostas que fusionan a maxia co cabaré.
Un festival multidisciplinar, que supón unha renovación xeracional nas artes escénicas do país (a media de idade das artistas ronda os 30 anos), maioritariamente en língua galega, orixinal e desenfadado. Cun gusto estético que se remonta a principios de século XX pero cunha liberdade creativa e escénica que abraia a propios e estranos.

Con maior coidado na propostas, no vestiario, no atrezzo e cunha forza de vontade que amosou ó longo de estes últimos anos que estes novos artistas radicais e libre teñen moito que dicir. Como menciona a revista ARTEZ, Revista das Artes Escénicas, o cabaré é un xénero que ten en Galicia a súa denominación de orixe.

Datas:

Do 25 de setembro ao 3 de outubro de 2009.

Lugar:

A Coruña: Fórum Metropolitano, Teatro Rosalía de Castro, locais nocturnos (Café Belle Époque e Café La Postrería), rúas e paredes da cidade.

O que:

Espectáculos de rúa, actuacións musicais, espectáculos teatrais, performances, exposicións, obradoiros ou unha grande gala no teatro Rosalía de Castro como colofón final. 12 espectáculos, máis de 100 artistas, e unha fusión de xéneros que van dende o cabaré á danza, a maxia, a mímica, a intervención urbana, o teatro musical, a comedia ou o jazz.

Organiza:

Concellaría de Cultura do Excmo Concello da Coruña, Cabaré3 Produccións, Asociación 3º Pé Andar Criativo. Colabora a Excma Deputación Provincial da Coruña.

CALENDARIO:

Martes 15 de setembro
Rolda de Prensa-Performance
Pazo de María Pita
12:00 horas

21-25 de setembro (de luns a venres)
OBRADOIRO
O cabaré aplicado ás artes de rúa

De 10 a 14 horas
Auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña
Impartido por Nelson Quinteiro (Director do Festival Galego de Cabaré)
Inscripción e matrícula (30 €) chamando ao 666 014 494

Venres 25 de setembro
Espectáculo de rúa
CABARÉDEAMBULANTE
20:00 Zona Obelisco – Viños

Sábado 26 de setembro
Espectáculo de rúa
CABARÉDEAMBULANTE
12:00 Zona Rúa Barcelona

Luns 28 de setembro
Performance inaugural
FÓRUM DA FNAC (Pza de Lugo)
19:00

CICLO FÓRUM 4

Actuacións no Auditorio do Fórum Metropolitano.
O auditorio será convertido nun cabaré, con pinturas murais, distribución en mesas e cadeiras, candeas, incienso e servicio de ambigú.
Ás 21:00 horas
Entrada: 7 €
(5 € con carné xove, + 65 anos e tarxeta do paro)

Martes 29 de setembro
21:00 CABARÉNCRISE
Compañía Femme Fatale (A Coruña)

Mércores 30 de setembro
21:00 LILÍ BERLÍN
Compañía Branca Cendán (Santiago)

Xoves 1 de outubro
21:00 EL DESAHUCIO
Compañía Zanguango Teatro (Burgos)

Venres 2 de setembro
21:00 MÁXICO CIRCUS CABARET
Mago Cayetano Lledó (Santiago)

CICLO CAFÉ CANTANTE

Actuación en locais nocturnos.
Ás 23:00 horas
Entrada libre

Martes 29 de setembro
23:00 ST JAMES STREET BAND
Cuarteto de Dixie Jazz (Vigo)
Café Bar LA BELLE ÉPOQUE (Parrote 3-5)

Mércores 30 de setembro
23:00 ENCABARETA2
Compañía Fun Fanfarria Teatro (Madrid)
Café Bar LA POSTRERÍA (Pza Sta Catalina)

Xoves 1 de outubro
23:00 SIESTA CONTINENTAL
Iria Pinheiro & Sul Produccións (Vigo)
Café Bar LA POSTRERÍA (Pza Sta Catalina)

Venres 2 de setembro
23:00 EL ORGASMO ES COSA DE MUJERES
Cia Mundo Mandarina (Barcelona)
Café Bar LA BELLE ÉPOQUE (Parrote 3-5)

GALA FEMME FATALE

Gran gala de variedades que fecha o IV Festival Gallego de Cabaré. Dirixida por Nelson Quinteiro, director do festival, integrará un feixe de disciplinas como o cabaré, a maxia, a danza, o jazz, o soul ou o teatro cun fío conductor que será unha incógnita ate o mesmo momento de abrir o pano.
TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
21:00
Entrada: 11 E 7 €
(7 e 5 €, respectivamente con carné xove, + 65 anos e tarxeta do paro)

INTERVEÑEN a St James Street Band, Iván Villar, Carla de Figueredo, Amparo Novas, Cayetano Lledó, Compañía Mundo Mandarina, Nelson Quinteiro e a Compañía Femme Fatale

Aqui tedes a programación completa do IV Festival Galego de Cabaré.  Só tedes que ir pinchando nas imaxes:

No comments yet

Leave a Reply

Subscribe to this comment feed via RSS