Iván Villar e Nelson Quinteiro cautivan ó público de Cee
2009 August 9
Longos minutos de aplausos que se convertiron en palmas sobre as que o bailador e o cantareiro fixeron os bises foron a colleita da estrea de CONTRA2, unha nova proposta da man destes dous profesionais que abraiaron con un novo xeito de crear.
CONTRA2 é unha proposta que axunta a dous dos profesionais de escena con máis actividade e presencia escénica do momento. A vindeira posta en escena deste grupo será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o día 3 de outubro, dentro da gala que fecha o IV Festival Galego de Cabaré.