Contra2. Iván Villar e Nelson Quinteiro

2009 August 5
Posted by cabare3.org

ivan-villar

Despois duns cantos meses de traballo (dende decembro de 2008) e unha pre-estrea no Espazo Aberto do Fórum Metropolitano (xuño de 2009) ve a luz o proxecto Contra2. Danza e Contradanza.

Esta proposta, formada por Iván Villar e Nelson Quinteiro aborda o canto e danza tradicional dende unha perspectiva contemporánea, incorporando novos recursos técnicos e de danza á proposta.

Contra2 axunta así a dous profesionais cunha destacada pegada e traballo escénico.

Iván Villar formou parte do Ballet Galego Rey de Viana, da montaxe Vacuo do Centro Coreográfico Galego, da montaxe Tradicción de Nova Galega de Danza e dirixe o grupo Entrecaixas.

Pola súa banda Nelson Quinteiro dirixe a Compañía Femme Fatale, o Festival Galego de Cabaré ou a Compostela Carpa Cabaré, se ben nesta proposta amosa a súa verquente máis tradicional.

Nesta montaxe Nelson monta a banda sonora en directo para solos e dúos de danza coreografiados por Iván.

A estrea será na casa do Concello de Cee, o venres 7 de agosto ás 20:00, por medio da Rede Cultural da Excma Deputación da Coruña.

No comments yet

Leave a Reply

Subscribe to this comment feed via RSS